Xulio "Froilán" Vázquez Carril
Xulio, gaiteiro da parroquia de Vilantime (Arzúa), naceu no ano 1936 nunha familia de músicos. Seu pai era bombeiro e súa nai era irmá de gaiteiros e artesáns (Basilio Carril).
Aprende a tocar con catorce anos coas gaitas de alcacén e a esa mesma idade fixo o seu primeiro foliote. Tocou por moitas festas ata que se casou, que deixou de tocar e non volvería coller unha gaita ata cumprir os 60 anos que lle regalaron unha. Conserva a dixitación en pechado e toca a gaita chamada "gaita de catro voces) (roncón, ronquilla, grileiro e punteiro) tan característica da zona de Arzúa e Terra de Melide.
Xulio tamén ten dous temas da súa autoría. Ambos os dous temas non teñen un nome propio dito por Froilán, pero coñécense como "A Rumba dos Froiláns" e "Camiño é bo".
"A Rumba dos Froiláns" é unha rumba preciosa que consta de dúas partes.
"Camiño é bo" consta de dúas partes tamén pero, na primeira delas, coa seguinte letra:
"Camiño é bo.