Vostede está aquí: Inicio / Xente / Os Nosos Vellos / Ramiro Rodriguez Romero

Ramiro Rodriguez Romero

Anxeriz, Friol, Lugo
1930-03-14

Gaiteiro dende os 10 anos de idade. Empezou, coma tantos, con gaitas feitas por el mesmo con palla de avea e cana dos foguetes “facía unha para o punteiro e outra para o ronco”. En 1940 lle regalaron un punteiro e foi onde Antonio Fariñas de Anafreita para que llo empalletara. Posteriormente un veciño vendeulle por 40 pesos a gaita dun parente que tocara na banda de Vilalba pero estaba vella e sen fol. A súa nai curtiulle a pel dun cabrito para facer o fol e “Casamiro de Portolamas”-Anafreita compúxolle a gaita. Deste último artesán aínda conserva unha gaita feita en buxo.

Daquela época (anos 30-40-50) lembraba de tódolos quintetos da comarca (cuartetos lle chamaba el): Os de Anafreita, Os da Cabana, Os Frós, Os de Seixón, Os Neiras, Os do Carregal e a banda de Vilacendoi. Destas formacións contounos que sempre levaban un ou dous clarinetes.

Tamén nos contou que un home de Betanzos fora vivir a Trasmonte e alí formou unha orquesta e foi á súa casa para pedirlle ao seu pai permiso para que Ramiro formara parte da mesma, pero este non lle deixou. El levou moita pena xa que a súa ilusión era ser músico e tocar nunha orquestra.

Traballaba de canteiro cando coñeceu á súa dona en Sambreixo, perto de Parga (Guitiriz) coa que casou e foi vivir en 1950. Despois de 14 anos vivindo de labrego (en 1964) marchou a Paris, Francia onde entrou a traballar na fábrica de Citröen.

Aló en Paris entrou en contacto coa xente da Casa de Galicia xa que preguntaran na fábrica por alguén que tocara a gaita. Na casa de Galicia de París tocou moitos anos co coro e o grupo de baile xunto a Secundino Álvarez de Santiago e ensinou a tocar a varias xeracións de rapaces e rapazas.

Finou o 9 de agosto de 2013 en Paris.

O seu recordo sempre estará presente para cantos/as o coñecimos.

Accións de documento

Intérprete
Informante
Noelia Vazquez Rodriguez says:
Aug 21, 2013 06:12

moitas grazas a quen creou esta páxina web co fin de que teñamos sempre unha memoria del e da súa música

Navegación