Vostede está aquí: Inicio / Xente / Músicos / Manolo Fosado

Manolo Fosado

Trazo, A Coruña
Compoñente de "Os Fosados".
Natural de Trazo, empezou na música con 52 anos e, a día de hoxe, con 67, é o gaiteiro e acordeonista do grupo San Martiño de Cerceda.
Cando empezaron a tocar, estaban traballando nunha mina. E alí, empezaron a tocar cunha gaita vella e tiñan de percusión unha lata de aceite grande como bombo e unha lata pequena como tambor. Así, foron collendo afección, até montar un grupo en serio e acabar presentando o seu primeiro disco no abril de 2022 no Auditorio de Cerceda.
As pezas están compostas para o seu disco Outeiral, do seu grupo, San Martiño. O nome das pezas vén a raíz de que, cando a sua filla foi de Recanteira ao Luar, chamábanos "os Fosados" e decidiu poñerlle ese nome.

 

Accións de documento

Navegación