Vostede está aquí: Inicio / Xente / Grupos / Os Vilaboas

Os Vilaboas

Quen máis información me ten dado sobor deste grupo así como doutros conxuntos da época na comarca é Desiderio Sampayo Rico (O Mazo- Santiago de Acebo, 1930); extraordinario gaiteiro ben coñecido e moitas veces entrevistado por persoas que andamos adicadas ás recollidas e ao coñecemento do noso folclore. Desiderio sempre está disposto a contar as súas vivencias e a nós fíxonos viaxar no tempo aos anos 40 cos seus recordos cando o visitamos na súa casa de Vilarmide; Aínda hoxe en día lle alumean os ollos cando fala daquel quinteto:

Compoñíanse cinco ou seis; ás veces había dous clarinetes. Era unha época na que estudios de música non tiña ningún pero tocaban moi ben, moi ben. Ían tocar hacia Lugo e chegaron ata Sarria, metade das veces en bicicleta xa que aquí coches non había. Tamos falando de despois da guerra e estaba todo frouxo”; “Taba Mota (ao clarinete), taba Abelardo, que era o maior de todos e Miro que era un rapaz un pouco maior ca min; era zurdo para tocar pero tocaba o que quería a gaita, aquelo era un milagro”; “Modesto tocaba moi ben a percusión e queríame moito: cando descansaban un pouco, ao escurecer decíame: colle aí a gaita de Abelardo e bota unhas jotas e unhas moiñeiras. A min dábame moito gusto porque aquel home facíalle falar á caixa”.