Vostede está aquí: Inicio / Xente / Grupos / O Cuarteto de Anafreita

O Cuarteto de Anafreita

Cuarteto dos anos 20-30 da parroquia de Anafreita (Friol, Lugo)

De esquerda a dereita: O Tio Manuel de Portolamas (pai de "Casamiro"); "Casamiro" de Portolamas (artesán de gaitas); Manuel de Fariñas (tamén artesán de gaitas) e Antonio de Corredoira.

De Antonio de Corredoira "O Gaiteiro de Anafareita", descendeu o seu neto Geluco de Castelo (Ángel Castelo Corredoira), músico, profesor, compositor e membro da Banda Municipal de Lugo, nacido en Villaldar (Miraz) e finado no ano 2011.

De Casemiro de Portoloamas ó tambor, descendeu outro músico, que desenvolveu a sua profesión entre outras na Kalu 96, e algunha orquestra do Ferrol, tratase de Manolo de Portolamas, gran saxofonista, e veciño de Parga.