Romance - Letra Xan Guindán querse casar, non ten a muller buscada; foille face-lo amor á filla da tía Xoana. - Boas noites, tía Xoana, ¿donde lle vai a rapaza? - Vai buscar o ghas prá noite, xa me parece que tarda. E logo entróu a nena pola porta para dentro. - Boas noites, Xan Ghindán, traiote no pensamento. - ¿E logho a ti quén cho dixo? ¿Seique foi Noso Señor? Agora quero casarme, véñoche facer o amor. Xa sabes que son soliño, non teño con quén partir; eu riquezas non as teño pero habemos de vivir. Teño unha cabra mui boa e tres ovellas preñadas, unha pitiña que pon os oviños prás torradas. A cabra éche moi boa, que trouxo catro cabritos; mentres dous están mamando outros dous andan a brincos. Xa che fixen o amor, non teño máis que dicir. Se me queres dío axiña, que me quero ir a dormir. -Eu casar, ben me casaba, pero tamén che hei contar: quero facer unha saia e teño a lá por fiar; teño os zapatos rompidos, i un pano todo furado; si tes cartos, cómprame un, casámonos de contado. Fixeron as moniciós como é uso acostumbrado, e leváronllas ó cura, que as lese de contado. O cura léullas logo no afertorio da misa; a xente que as oía a todas lle servíu de risa. Ó cura chocóulle o conto da risa dos feligreses, que nunca outro tal se víu na montaña dos lugueses. Á nena déulle vergonza, i afellas aínda servía. Cando se foi casar díxolle que non quería. O cura quedóu pasmado, nunca outro tal lle pasara; caéulle o libro da mau coa risa que lle daba. O padriño i a madriña, o cura i o sacristán encheron o corpo de risa cos feitos de Xan Ghindán. Xan Ghindán quedóuse teso como as vergas dun canizo, pegóu a volta prá casa e siquiera adiós lles dixo. Alerte, alerte, mociños, con caiades na rateira, non vos fiedes das mozas en tanto que estén solteiras. Á mociña que é bonita e ten o corpo ben feito reparáille ben as obras que lle salen do seu peito. Alerte, alerte, mociñas, as que sodes mui bonitas: os mozos tiran ás mozas como a raposa ás pitas. Eu non ei qué poder tein as mociñas desta terra pe lles gustan moito ós mozos no tempo de primaveira.